Traballadoras/es de Linorsa reclaman no pleno municipal de Vigo a responsabilidade do concello ante as débedas salariais

O persoal de Linorsa interrompeu hoxe o pleno municipal de Vigo en varias ocasións para reclamarlle ao Goberno local que lle rescinda o contrato á empresa de limpeza no...

O persoal de Linorsa interrompeu hoxe o pleno municipal de Vigo en varias ocasións para reclamarlle ao Goberno local que lle rescinda o contrato á empresa de limpeza no caso de que non satisfaga as débedas salariais que mantén cos traballadores/as.

Pleno do concello de Vigo

Durante a sesión, na que se aprobou por unanimidade unha moción instando a compañía a certificar que cumpre os pregos de condicións do servizo, berraron consignas como “Queremos cobrar” ou “Linorsa culpable, Concello responsable”.


Este martes día 26 levarán as súas reivindicacións ás portas dos Xulgados da cidade a partir das 11.00 horas.

RELACIONADAS