Solidariedade con Hassana Aalia, mozo saharaui condenado por Marrocos por loitar pola liberdade do seu pobo.

A Policía española detén en Burgos ao refuxiado saharauí Hassanna Aalia O refuxiado saharauí Hassanna Aalia, sobre quen pesa unha condena a cadea perpetua imposta por un Tribunal Militar...

A Policía española detén en Burgos ao refuxiado saharauí Hassanna Aalia


O refuxiado saharauí Hassanna Aalia, sobre quen pesa unha condena a cadea perpetua imposta por un Tribunal Militar marroquí, foi detido pola Policía española, segundo o diario ‘ABC’, que cita ao propio mozo. Engade que foi liberado horas máis tarde cunha orde de expulsión a cumprir en 48 horas.
A Policía española ha arrestado ao novo saharauí Hassanna Aalia por «estancia ilegal» cando viaxaba a bordo dun tren en Burgos, segundo o diario ‘ABC’.

A pesar de ensinarlles os papeis do recurso contra a denegación do asilo que ten interposto na Audiencia Nacional, segundo explicou ao rotativo o propio Aalia, os axentes entregáronlle unha orde de expulsión a cumprir en 48 horas.

Posteriormente foi posto en liberdade.

En Euskal Herria, como noutras moitas latitudes, levaron a cabo numerosas mobilizacións en favor da concesión do asilo político, xa que Aalia foi condenado a cadea perpetua pola súa participación no campamento pacífico Gdeim Izik.

O Goberno de Rabat emitiu unha orde de busca e captura contra el, para ser xulgado en febreiro de 2013, e esta vez por un tribunal militar, que o condenou –en rebeldía– a cadea perpetua. Ao coñecer a sentenza, Aalia pediu asilo ao Goberno español; o pasado 19 de xaneiro, dous anos despois, soubo que a súa petición foi denegada. Está á espera de coñecer o fallo sobre o recurso interposto contra esa decisión.

No ámbito institucional, o Parlamento de Gasteiz pediu o pasado mes de xaneiro ao Ministerio español de Interior que se concedese asilo político ao mozo activista.

Tamén o entón deputado xeral de Gipuzkoa, Martin Garitano, recibiu a Aalia e mostroulle o compromiso da Deputación por darlle «toda a cobertura posible».

Fontes : http://www.iscagz.org/   <<>>   http://www.naiz.eus/es/actualidad/noticia/20151006/la-policia-espanola-detiene-en-burgos-al-refugiado-saharaui-hassanna-aalia

RELACIONADAS