SIT-FSI, CCOO e UGT asinan o convenio de PSA Vigo, un dos máis precarios da historia da planta

O guión proposto pola dirección de PSA cumpriuse a machada. O novo convenio colectivo que estará en vigor até o 2019 asinouse esta mañá co apoio dos sindicatos SIT-FSI, UGT e CC.OO.
Asinantes  da "imposición da empresa"

Un texto que nos obriga a traballar sábados, ou 7 dias sobre 7 na quenda de noite se fose preciso, con xornadas de máis de 8 horas nas quendas variables, á vez que fomenta a desigualdade entre as traballadoras/es, con criterios como o ascenso de categoría ou as novacións de contrato, que dependerán practicamente do criterio da empresa e sen compromiso de xubilacións parciais para as veteranas/os.

Asinantes do convenio bromean namentres lapidan os dereitos dos traballadores

A empresa tamén “premiou” aos sindicatos asinantes, mantendo a delegada/o de prevención, un claro exemplo das maneiras de “negociar” da empresa  cos traballadores/as de PSA Vigo.

RELACIONADAS