Renault, PSA e Auchan eludiron o pago de 141 millóns en impostos en Malta

Aínda que a práctica é legal resulta sorprendente dado que, tanto Renault como PSA Peugeot Citroën, contan con participacións do Estado francés no seu capital.

 

Os documentos de Malta Files mostran que as multinacionais francesas Renault, PSA e Auchan aforráronse 141 millóns de euros en impostos, localizando as súas actividades aseguradoras en Malta e reducindo as súas cargas fiscais en Francia. Aínda que a práctica é legal resulta sorprendente dado que, tanto Renault como PSA Peugeot Citroën, contan con participacións do Estado francés no seu capital.

O traballador máis produtivo do grupo Renault non traballa na sede francesa de Boulogne-Billancourt, senón en Malta. Este colaborador inxustamente descoñecido conseguiu, el só, un volume de negocio anual de 108 millóns de euros. Trátase do único empregado de RCI Insurance Limited, unhas das dúas compañías de seguros maltesas do fabricante de automóbiles. Empresas de facer diñeiro, cuxo único obxectivo é evitar pagar impostos e privar a Francia duns ingresos fiscais moi necesarios.

As cantidades implicados son substanciais. Grazas os documentos Malta Files analizados por Mediapart e os seus socios da CEI, poderiamos establecer que Renault xa evitou 62 millóns de euros en impostos en catro anos, tras súa empresa de seguros en Malta. O seu rival PSA Peugeot Citroën, 57 millóns en cinco anos. Mentres que o Grupo Auchan reduciu a súa factura fiscal 22 millóns en tres anos. Un total de 141 millóns de euros de impostos, a cantidade segue a aumentar ano tras ano.


https://www.mediapart.fr/es/journal/france/080617/renault-psa-y-auchan-eludieron-el-pago-de-141-millones-en-impuestos-en-malta
http://www.lexpress.fr/actualite/societe/optimisation-fiscale-renault-psa-et-auchan-cites-dans-les-malta-files_1913804.html
http://bfmbusiness.bfmtv.com/france/malta-files-renault-psa-et-auchan-impliques-1176881.html