PSA Vigo blinda a flexibilidade laboral pola dúbida de como se venderá o K9

Dirección e os sindicatos SIT, UGT e CC OO asinaron a nova organización industrial sen o apoio de CIG e CUT
Fábrica de PSA Vigo

Dirección e sindicatos de PSA (SIT, UGT e CC OO) asinaron onte o acordo de organización industrial para o ano 2018 que aborda, fundamentalmente, os cambios necesarios para pór en marcha as novas furgonetas para as marcas Peugeot, Citroën e Opel, coñecido como proxecto K9. CIG e CUT non secundaron o acordo.

A diferenza dos últimos anos, a compañía aínda non comunicou aos sindicatos as previsións de produción -adoita facelo no último trimestre- debido a que se descoñece de momento como funcionarán no mercado as novas furgonetas, que sustuirán a partir de primavera ás vellas Berlingo e Partner, que compartirán liña de montaxe no primeiro semestre do ano. O acordo é pretendidamente, pois, de flexibilidade. A dirección quere ter cubertas todas as posibilidades ante unha demanda que eventualmente desborde ao centro.

Para solucionalo, articúlase no acordo o coñecido como cuarto grupo, 900 traballadores -eventuais ou xa fixos voluntarios- que se irán incorporando progresivamente á quenda. En abril comezarían a traballar os sábados e domingos un mínimo de 80 horas ao mes e un máximo de 13 horas diarias. Poderán traballar pola semana se fose necesario.

 

Fonte da nova: http://www.atlantico.net/

RELACIONADAS