PSA Vigo 2015 : Mínimos de emprego e máximos de produción

Apesares de perder 3.700 postos de traballo, PSA Vigo apunta a repetir como segunda planta máis produtiva do estado Español, con 407.000 coches, por detrás de Seat, algo que...

Apesares de perder 3.700 postos de traballo, PSA Vigo apunta a repetir como segunda planta máis produtiva do estado Español, con 407.000 coches, por detrás de Seat, algo que so pode ser comprensible polos altos ritmos de traballo actual que soporta a plantilla.


CIG Citroen - Atraco Salarial
Traballadoras protestan as portas da factoria

A automoción viguesa repunta en produción pero mingua en emprego. A factoría de PSA Peugeot-Citroën finalizará o ano co mellor rexistro de produción do últimos sete anos. 407.000 vehículos é a estimación que a empresa manexa a día de hoxe, a mes e medio de que acabe o exercicio, e supón un  crecemento dun 7,3%.
Será un nivel moi similar ao de 2013, cando ensambló 406.500 unidades, que ademais lle permitirá manter a segunda praza no ranking nacional. 

Se as previsións cúmprense, PSA Vigo levará a prata mentres que o líder de produción de coches en España volverá ser a factoría de Seat Martorell, con algo máis de 440.000 coches. O terceiro posto recaerá na planta de Opel Figueruelas (Zaragoza) con 360.000 vehículos, menos dos previstos polo impacto nas súas vendas das situacións políticas e de conflito en Rusia e Turquía.

En materia de emprego, a tónica é ben diferente xa que a fábrica de Balaídos rexistra o nivel máis baixo de, polo menos, a última década. A día de hoxe emprega a 6.000 persoas, que son 300 menos que o ano pasado, e supoñen unha redución de case 4.000 con respecto a 2007. Neste exercicio rexistrou o récord histórico de produción con 547.000 coches e 9.700 postos de traballo.

Coa chegada da crise, a multinacional francesa puxo en marcha un severo plan de axuste primeiro con Philippe Varin á fronte do consorcio automobilístico e agora con Carlos Tavares, que está a implementar o seu plan ‘back in the race’ (regreso á carreira) baseado fundamentalmente na redución de custos. En Vigo tivo un impacto directo no persoal cun agresivo recorte nas nóminas das empregadas e con plans de baixas incentivadas e Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), como os que se están levado a cabo na actualidade e que estarán vixentes ata marzo de 2016. As novas contratacións escasean así como a renovación de contratos eventuais que vencen.

A situación debería mellorar a partir de 2018 coa fabricación da nova xeración de furgonetas que o grupo PSA adxudicou á factoría de Vigo e que se ensamblarán para as marcas Citroën, Peugeot e, por primeira vez, para Opel.


Fonte: Atlantico Diario

RELACIONADAS