PSA propón aplicar a quenda variable de mañá e quendas de mantemento os fins de semana

A dirección de PSA Peugeot Citroën Vigo propuxo hoxe aos sindicatos crear un novo réxime de mantemento para os fins de semana, de adscrición voluntaria, e aplicar a  quenda...

A dirección de PSA Peugeot Citroën Vigo propuxo hoxe aos sindicatos crear un novo réxime de mantemento para os fins de semana, de adscrición voluntaria, e aplicar a  quenda variable en horario de mañá .

Fin de linea Montaxe

Quen se adscriba ao novo réxime de mantemento realizarían quendas de 12 horas os fins de semana e complementarían a súa xornada entre semana, con horarios de 8 horas.

Esta medida permitiría ter «equipos especiais» ante a eventual necesidade de ampliar o horario de actividade os fins de semana.

En canto á quenda variable, a proposta da dirección é que se distribúa equitativamente entre as quendas de mañá e de tarde podendose prolongar o comezo da xornada as 8 da maña, e que o cómputo mensual resultante arroxe unha media de seis horas diarias.

En anteriores reunións da mesa de negociación, a dirección de PSA Vigo avanzou a opción de habilitar unha quenda nocturna exclusiva para os fins de semana e festivos, con novo persoal contratadeou, unhas 1.500 persoas, cando se produzan picos de actividade.

Outra das medidas de flexibilidade que baralla é trasladar unha das tres semanas das vacacións de verán para outros meses, de modo que o parón en agosto só sería de 15 días.

O goce desa terceira semana de vacacións -a cuarta mantense para decembro- repartiríase por sorteo entre os meses de xuño e setembro.

Ante unha eventual caída da actividade ata o lanzamento da K-9, a factoría de Balaídos propuxo senllos ERE, un de extinción para 400 empregados e dous de suspensión, para aproximadamente outros

Fonte:  http://www.lavozdegalicia.es

RELACIONADAS