PSA nomea a Daniel Couto novo director do taller de Pintura da factoría de Vigo

O responsable portugués substitúe ao francés Didier Willem, que liderará o proxecto de transformación no taller de pintura en vigo Taller de pintura en PSA Vigo Couto levaba varios...

O responsable portugués substitúe ao francés Didier Willem, que liderará o proxecto de transformación no taller de pintura en vigo

Taller de pintura en PSA Vigo

Couto levaba varios anos en Balaídos, na súa última etapa como responsable de fabricación xa na área de Pintura. O seu nomeamento é oficial desde o pasado 1 de xaneiro. O seu posto foi ocupado polo galego José María Castro Covelo. Couto substitúe á súa vez ao francés Willem, que será o encargado de pilotar os novos investimentos previstos na área de Pintura para adaptar o taller ás novas necesidades do mercado (a personalización cada vez máis frecuente dos vehículos esixe modernizar as instalacións). Willem tamén será o encargado de velar polas boas prácticas nos diferentes talleres de Pintura do polo ibérico da multinacional gala (Vigo-Mangualde-Madrid).

A principios de decembro o grupo tamén nomeara a Ignacio de Pablos, responsable de Xestión de Persoal de PSA-Vigo nos últimos anos, novo director de Relacións Sociais e Humanas de Mangualde. O seu posto en Balaídos foi ocupado por Javier Borrajo.
Fonte: faro de vigo

RELACIONADAS