Plan de Formación 2018

Hoxe celebrouse unha reunión do Comité de Empresa como Órgano Colexiado despois de 7 meses a espera de reunirse ante unha solicitude da CIG.

Na reunión tratouse si este Organismo comparte as maneiras da Dirección cos traballadores/as que finalizan o contrato e volven ser contratados pero con categoría 1B. Ningún membro do Comité fixo comentario algún ao respecto.

Ao tempo solicitamos un regulamento de funcionamento do Comité de Empresa para regular e evitar situacións discriminatorias como a sufrida pola nosa central.

A CIG non deu o seu visto bo ao Plan de Formación 2018, presentado pola Dirección (e que require da aprobación do Comité de Empresa).

Tamén solicitamos que se lle faga un requirimento a Dirección para que os traballadores/as de ILUNION pasen a estar integrados dentro do Convenio do Metal tendo en conta que fan funcións que anteriormente desempeñabamos traballadores/as de Citroën.
Esta proposta foi abalada por todos. Agora veremos quen a defende diante da Dirección cara a cara.