Persoal do Sergas inicia un peche no novo hospital de Vigo para denunciar as deficiencias detectadas dende a súa posta en marcha

A mobilización manterase até a xornada de paro convocada na área sanitaria o día 13Traballadores/as de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no...

A mobilización manterase até a xornada de paro convocada na área sanitaria o día 13Traballadores/as de distintos departamentos do Chuvi sumáronse hoxe ao peche que mateñen os celadores/as no interior do novo hospital dende hai tres días, mobilización que manterán até a xornada de folga convocada na área sanitaria para o vindeiro 13 de outubro.

 O persoal do Sergas denuncia as numerosas deficiencias detectadas dende a posta en marcha do centro médico e apoia o rexeitamento dos celadores/as á privatización do servizo.Os empregados/as do Sergas decidiron sumarse hoxe ao peche que dende o luns manteñen os celadores/as para rexeitar que as súas funcións sexan asumidas polo persoalde Transporte Interno e Xestión Auxiliar (Tiga), contratado pola concesionaria do Álvaro Cunqueiro a través dunha ETT. O encerro manterase durante 24 horas ao día até o vindeiro 13 de outubro, xornada na que hai convocada unha folga no conxunto da área sanitaria.

O inicio do peche, que se produciu arredor das 10.30 horas na entrada das consultas e que durante a noite se trasladará á entrada principal do centro, estivo acompañado dunha concentración de traballadores/as e dunha pequena manifestación polo exterior do edificio na que se berraron consignas como “Goberne quen goberne a sanidade non se vende”, “Queremos un hospital e non unha sucursal”, “Conselleira dimisión” ou “Álvaro Cunqueiro, hospital chafalleiro”.

Durante o percorrido polo exterior do hospital atopáronse cunha usuaria en cadeira de rodas que denunciaba o feito de que o edificio non fose construído respectando a normativa para evitar as barreiras arquitectónicas. “En todo o perímetro non teño onde deixar o coche de xeito que poida acceder porque puxeron bolardos en todas as esquinas”, lamentou. Mentres que no interior do centro médico a protesta coincidiu coas longas colas que se forman mentres a xente agarda para pedir cita para as consultas.


Ao remate da protesta a Xunta de Persoal ofreceu unha rolda de prensa na que enumerou as deficiencias rexistradas dende a posta en marcha do centro médico e a problemática derivada da falta de persoal e de recursos materiais. De feito, sinalaron que a escaseza de

persoal e de camas xa ten provocado a suspensión de operacións. “Este hospital é unha estafa, porque naceu con menos capacidade da proxectada”, insisten.

Tamén lembraron que os traballadores/as están a remitir a diario escritos á Xerencia nos que se recollen todos estes problemas, como a falta de roupa ou as queixas pola comida e pola auga, así como polo aparcadoiro de pago. “Xa advertimos disto cando se anunciou a privatización da lavandeiría e da cociña”, sosteñen.


Finalmente, reiteraron a reclamación de dimisión da conselleira e do xerente da EOXI “porque non lles importan nada nin os pacientes nin os traballadores/as, xa que o único que pretenden é facilitarlle o negocio ás empresas”.

RELACIONADAS