Permisos

 

PERMISOS 

EXTENSIBLE ÁS PARELLAS DE FEITO 


FALECEMENTO:
 
•De fillos/as e cónxuxe do/a traballador/a: 7 días naturais.
•De pai/nai do/a traballador/a: 5 días naturais. 
•De avó/avoa, netos/as e irmáns traballador/a: 3 días naturais. 
•De pai/nai, avó/avoa, netos/as e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais. 
•De xenros, noras e cónxuxe dos irmáns/irmás do traballador/a: 3 días naturais. 
•De tíos/as (irmáns/irmás do pai/nai do/a traballador/a ou do seu cónxuxe): 1 día natural.
 
 Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis. 
 
ACCIDENTE OU ENFERMIDADE GRAVE, HOSPITALIZACIÓN OU INTERVENCIÓN CIRÚRXICA SEN HOSPITALIZACIÓN QUE PRECISE DE REPOUSO DOMICILIARIO:
 
•De pai/nai, fillos/as cónxuxe do/a traballador/a: até 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). No caso de necesidade de desprazamento corresponderá un día máis. 
•De avó/avoa, netos/as e irmáns do/a traballadorla: 2 días naturais. 
•De pai/nai, avó/avoa, netos/as e irmáns/irmás do/a cónxuxe: 2 días naturais. 
•De xenros, noras e cónxuxe dos/as irmás/irmás do/a traballador/a: 2 días naturais. 
Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis. 
 
TRASLADO DE DOMICILIO: 
 
• 1 día laborable. 
 
CUMPRIMENTO DUN DEBER PÚBLICO: 
 
• Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público, con posterior xustificación. 
 
MATRIMONIO: 
 
• Do/a traballador/a: 15 días naturais. 
• De irmáns/irmás e netos/as do/a traballador/a ou do seu cónxuxe: 1 día natural. 
• De pai/nai e fillos/as dola traballador/a ou do seu cónxuxe: 1 día laboral. 
• Inscrición dola traballador/a como parella de feito 1 día natural. 
 
NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLO/A: 
 
• 3 días laborais para o caso de fillo/as naturais ou a resolución xudicial ou administrativa da adopción. No caso de desprazamento, serán 4 días. Máis 13 días ininterrompidos, 20 no caso de familia numerosa. 
 
I.T. (Baixa) 
 
ENFERMIDADE: 
 
• Primeira baixa do ano. Sempre que esta sexa superior a 3 días, a empresa abonará, durante o 1° e 2° día de baixa, o 100% do salario individual (salario convenio + complemento individual + complemento de antigüidade). Do 4° ó 15° día cobrarase o 85%. De aí en adiante cobraríase o 100%. 
• No caso de hospitalización, nos primeiros 10 días de baixa 100% do salario individual, ou no caso contrario dende a data de internamento. Nestes casos o traballador/a deberá acreditala documentalmente. 
 
ACCIDENTE OU ENFERMIDADE PROFESIONAL:  
 
• 100% dende o 1° día.