O cerco pon fin a case 100 días de campamento e volve faenar, mais mantén as reivindicacións

A asemblea de Acerga decidiu por unha estreita marxe acabar co amarre dos cerqueiros e a acampada perante San Caetano. Mais, advirten, vai serguir a loita e mobilización por...

A asemblea de Acerga decidiu por unha estreita marxe acabar co amarre dos cerqueiros e a acampada perante San Caetano. Mais, advirten, vai serguir a loita e mobilización por un “reparto xusto”.

Campamento do Cerco

A segunda feira, 25 de xaneiro, os barcos cerqueiros de Acerga (Asociación de armadores de cerco de Galiza) volverán ao mar, poñendpo fin así a máis de 3 meses de amarre. O día anterior, 24, levantarase o campamento que desde comezos de outubro se instalou en Compostela fronte á sede acentral da Xunta para reivindicar un reparto xusto das cotas. Estas foron as decisións tomadas en asemblea esta segunda feira, na continuación da xunta que mantiveron a pasada sexta feira e que finalizou sen acordo. As votacións, recoñecen fontes de Acerga a Sermos Galiza, foron axustadas, “pois non todos estaban pola labor” de poñen fin a estas medidas de presión.

Porén, desde Acerga indican que a volta ao mar e poñer fin ao campamento non implica que se acaben as mobilizacións a prol dun “reparto xusto” das cotas, é dicir, liñal, por barco e tripulante; e sen primacía dos criterios históricos. A oferta da Consellería de establecer un mínimo de 10.000 quilos para os buques máis pequenos para, a partir de aí, ir incrementando a cota segundo as Gts dos barcos, vese como “un primeiro paso” cara a a un acordo máis favorábel á maioría do sector do cerco de Galiza.


Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/cerco-pon-fin-case-100-dias-campamento-volve-faenar-mais-seguiran-reivindicacions/20160118144034044143.html

RELACIONADAS