Negociacións das medidas de flexibilidade en Renault

Os sindicatos e a dirección da empresa afrontan unha fase decisiva das negociacións en torno ao plan industrial tanto en Palencia como en Valladolid. Unha traballadora da factoría de...

Os sindicatos e a dirección da empresa afrontan unha fase decisiva das negociacións en torno ao plan industrial tanto en Palencia como en Valladolid.

Unha traballadora da factoría de Motores que Renault ten en Valladolid / Eduardo Margareto

As negociacións en Renault proseguen este martes con varias posturas bastante claras, ata o momento. Por unha parte está a empresa, que insiste en buscar máis flexibilidade e que, para iso, puxo sobre a mesa unha quenda de fin de semana e festivos, con 9 xornadas de doce horas o mes (27h de media semanal) e un soldo mensual de 1.350 euros brutos.

A empresa empresa estima tamen, que fara uns 1.000 contratos indefinidos, cifra curta para os sindicatos que estimaban uns 2.500 traballadores/as.

Unhas condicións que son “aceptables” para a plataforma integrada por UGT, Comisións Obreiras e a Confederación de Cadros, maioritarios no Comité Intercentros. “Aceptables”, pero non “ideais” segundo eles mesmos manifestaron. Queda por ver canto poden achegarse as posicións neste sentido. 

Doutra banda, CGT e Traballadores Unidos insisten en que Renault aproveita a presentación dun plan industrial para alterar condicións esenciais do convenio colectivo e lembra que non é a primeira vez que algo así sucede. 

RELACIONADAS