Milleiros de traballadores de Citroën maniféstanse contra o Atraco Salarial (22-11-14)

Milleiros de traballadores de Citroën participaron hoxe en Vigo nunha manifestación en protesta polo acordo acadado o luns entre a empresa e o Sindicato maioritaio SIT.

Milleiros de traballadores de Citroën participaron hoxe en Vigo nunha manifestación en protesta polo acordo acadado o luns entre a empresa e o Sindicato maioritaio SIT. Na marcha amosaron o seu rexeitamento aos recortes salarias que recolle un documento que, para eles, debería someterse ao referendo da totalidade do cadro de persoal.

“Non ao atraco salarial”. É o único lema que presidiu a manifestación na que participaron case dous milleiros de traballadores de Citroën en Vigo. Convocada polos sindicatos CIG e CUT foi unha marcha sen siglas e aberta a toda a cidadanía. Unha manifestación na que os traballadores reclamaron o seu dereito a decidir sobre o futuro do seu centro laboral.

A manifestación rematou diante da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën onde os traballadores manifestaron o seu rexeitamento ás medidas de axuste da empresa que suporán unha redución salarial do 5% para os contratos novos, o recorte dun 25% nalgúns complementos e a conxelación da antigüidade.

Fonte TVG

RELACIONADAS