Manifestación -Abusos +Respecto, Traballadores/as de PSA Vigo (01/07/2017) [fotos e Vídeo]

O persoal  de PSA Peugeot Citroën en Vigo continúa a vaga de protestas contra a decisión da empresa de incrementar a cadencia de traballo a partir do mes de...

O persoal  de PSA Peugeot Citroën en Vigo continúa a vaga de protestas contra a decisión da empresa de incrementar a cadencia de traballo a partir do mes de xullo, cando está previsto que se fabriquen nove vehículos máis en cada unha das tres quendas sen que isto supoña a contratación de máis traballadores/as.

A representación sindical lembra que os problemas na liña de montaxe véñense arrastrando dende hai anos xa que o persoal soporta cargas de traballo moi elevadas, “mais a decisión de aumentar a produción nun coche cada hora (nove por quenda) é a pinga que colma o vaso”. Como consecuencia desta situación, rexístrase un importante índice de absentismo: na actualidade arredor de 400 dos 5500 empregados/as da factoría viguesa atópanse e baixa, a metade dende hai máis de seis meses.

O primeiro fito da campaña veu dado pola multitudinaria manifestación que o pasado sábado lograba reunir centos de persoas desde a factoría a Castrelos, convocadas por CIG, CUT e CCOO, prolegómeno do chamado á folga aos traballadores/as.

 

RELACIONADAS