Galiza perdeu 48 habitantes cada día durante 2014

A poboación do noso país é de 2.732.3467 habitantes, 16.348 menos que hai doce meses, según publica esta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística.Desde 2012 perdimos máis de...

A poboación do noso país é de 2.732.3467 habitantes, 16.348 menos que hai doce meses, según publica esta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística.Desde 2012 perdimos máis de 63.000 habitantes.


O proceso de perda de poboación de Galiza segue adiante, ano tras ano, e sen proceso de reverter a situación á vista. Esta quinta feira publicáronse os datos do padrón municipal polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e esa constante perda de habitantes volve quedar reflectida. A 1 de xaneiro de 2015 seramos 2.732.347 habitantes, o que supón 16.348 menos que a 1 de xaneiro de 2014, unha perda do 0,5%.


Perdemos, pois, ao longo de 2014 unha media de 48 habitantes ao día, 2 cada hora. Unha verdadeira sangría poboacional. En 2013 perderamos 17.245 habitantes. Nese ano, 2013, perdemos 15.558, e no 2012 ficamos sen 13.924, e en 2011… Neste período (1 de xaneiro de 2012 a 1 de xaneiro de 2015), Galiza ten 63.075 habitantes menos.

Constante


Un dado a ter presente que desde 1990 Galiza perde por emigración a suma dos habitantes de Vigo, Ourense e Ferrol. Máis de 483.000 galeg@s tiveron que marchar do país nestes 24 anos. Os exercicios con maior número de emigrantes foron 2013, 2014 e 2011. Unha sangría sen comparación na contorna.

RELACIONADAS