Galiza, entre os territorios do Estado con menor crecemento económico

O Foro Económico de Galiza pide “ser cautos” á hora de falar de que o noso país está a saír da crise: “Só recuperou 2,5 puntos dos 9 do...

O Foro Económico de Galiza pide “ser cautos” á hora de falar de que o noso país está a saír da crise: “Só recuperou 2,5 puntos dos 9 do PIB perdidos durante a crise”.

Planta de automoción no país

Galiza está entre os cinco territorios do Estado español con menor medre económico, un dado ofrecido nesta sexta feira polo Foro Económico de Galiza durante a presentación do seu informe relativo ao terceiro trimestre de ano. O Foro indica que o PIB galego experimentou un medre dun 2,1% interanual, lonxe do case 4% que medra o Estado español.

Os economistas Fernando González Laxe, José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas consideran que as dúas causas esenciais do peor comportamento da economía galega son o menor gasto público en Galiza; e o menor consumo privado.


O Foro Económico destaca no seu informe que “debemos ser moi cautos” coa linguaxe da saída da crise, pois dende que comezou a denominada recuperación económica (2014-setembro 2015), Galiza só recuperou 2,5 puntos dos 9 puntos de riqueza (PIB) perdidos durante a crise.