Esíxenlle ao Concello de Vigo solucións a unha familia en emerxencia habitacional

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui e Baixo Miño advirten do inminente despexo e convoca unha concentración diante do Concello de Vigo para solicitarlle “responsabilidades” ao...

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui e Baixo Miño advirten do inminente despexo e convoca unha concentración diante do Concello de Vigo para solicitarlle “responsabilidades” ao Goberno municipal e unha solución a unha familia nunha situación de emerxencia habitacional.

                                                               –Tentativa de evitar un despexo en Vigo-
A PAH de Vigo entregará un escrito este mércores no Concello de Vigo para tratar de que o Goberno municipal poña en marcha os mecanismos necesarios que lle permitan a unha familia en situación de emerxencia habitacional o pago das necesidades máis básicas, como a electricidade.

A plataforma de persoas afectadas polas hipotecas empraza así o Goberno municipal a poñerse en contacto coa Xunta, coas entidades bancarias e coa SAREB para que, con celeridade, se lle consiga un fogar a esta familia. O colectivo advirte dos “centos de casas baleiras” que hai a día de hoxe en Vigo.



Fonte : http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/esixenlle-ao-concello-vigo-solucions-familia-emerxencia-habitacional/20151012185448041513.html

Imaxe: http://fotos00.farodevigo.es/2014/06/01/318×200/benestar-media.jpg

RELACIONADAS