CIG pide aos grupos parlamentares que promovan a derrogación da LOMCE

Fíxoo através dunha carta remitida ás forzas con representación no Congreso español. A CIG-Ensino encamiñou @s parlamentares con representación no Congreso unha carta na que reclama a “paralización” e...

Fíxoo através dunha carta remitida ás forzas con representación no Congreso español.


A CIG-Ensino encamiñou @s parlamentares con representación no Congreso unha carta na que reclama a “paralización” e “posterior derrogación” da LOMCE.

O seu secretario nacional, Anxo Louzao, que acudiu acompañado doutros integrantes da CIG-Ensino ao Parlamento galego para rexistrar a petición, sinalou en declaracións aos medios de comunicación que frear a norma “é necesario” na medida en que “o seu desenvolvemento non só evidenciou o nociva e negativa que é para o sistema educativo, para a igualdade de oportunidades e para a gratuidade da educación, senón tamén porque foi un cúmulo de despropósitos”.

Neste senso, lembrou o rexeitamento que a comunidade educativa amosou perante a aprobación da lei e a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) proposta pola propia organización sindical á que sumaron “máis de 23 mil sinaturas”.

Unha lei, dixo Louzao, “centralizadora que non parte dunha concepción plurinacional do estado español, que avanza na españolización, na privatización e que afonda na confesionalidade do ensino”, dixo.

Así, reclaman –como organización sindical maioritaria no ensino galego– que se desenvolvan as iniciativas necesarias para frear a súa aplicación mais tamén que pule pola súa derrogación.

fonte: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cig-pide-aos-grupos-parlamentares-promovan-derrogacion-da-lomce/20160115105504044070.html

RELACIONADAS