Cada semana tres barcos pesqueiros galegos abandonan a actividade para ir directos ao seu despezamento

Máis dun cento de buques de pesca deixaron a actividade desde 2013 con destino ao seu despece. A un ritmo de tres por semana. Xunta e UE adicaron nestes...

Máis dun cento de buques de pesca deixaron a actividade desde 2013 con destino ao seu despece. A un ritmo de tres por semana.


Xunta e UE adicaron nestes 3 anos 56 millóns de euros ao despezamento da frota galega.
Cada semana tres barcos pesqueiros galegos abandonan a actividade para ir directos ao seu despezamento. Un percorrido -saír do mar para acabar desmantelado- que se fai grzas as inxeccións económicas nutridas con fondos galegos, do Estado español e da Unión Europea. Entre 2013 e 2015 este, o despezamento ou desmantelamento, foi o destino de 111 buques de pesca de Galiza. De baixura e tamén a que faena en caladoiros afastados das nosas augas.


Nestes tres exercicios, a cantidade dirixida ao que se denomina ‘paralización definitiva da actividade’ abdou por volta dos 56 millóns de euros. Neste 2015 é de 23 millóns, por 19 de 2014 e os perto de 14 millóns de hai dous exercicios, o 2013.

Neste ano en curso van ser 43 os barcos que acaben no despezamento. Un aumento do 34 por cento a respeito do 2014, cando o número de embarcacións con ese destino foran 32. No ano anterior, 2013, foron 36 os buques que acabaron desmantelados.

Cambio de destino dos fondos

O Partido Popular rexeitou a principios deste mes unha proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Daniel Rodas na que reclamaba instar o Goberno galego a non aceptar os criterios dos fondos europeos para pesca dos que unha significativa parte destínase ao despece. O nacionalista avogaba por “poñer en valor a pesca galega e rexeitar o seu desmantelamento.”

Rodas recalcou que os criterios da Unión europea non son da mesma aplicación nos diferentes países e a Comisión establece como intocable o principio de estabilidade relativa, polo que os países que negociaron inicialmente “seguen blindando os seus intereses” e outros, en troques de reducir o número de barcos, auméntano como ocorre con Irlanda con 729 novos barcos.
Xunta e UE adicaron nestes 3 anos 56 millóns de euros ao despezamento da frota galega

Fonte : Sermos Galiza

RELACIONADAS