As mobilizacións dos gandeiros arrincan compromisos a 6 grandes distribuidoras

Alcampo segue o camiño que nestes días tiveron que tomar Carrefour, Eroski, Gadisa, Lidl e DIA, e promete subas no leite que repercutan nos produtores. Alcampo aceptou esta quinta...

Alcampo segue o camiño que nestes días tiveron que tomar Carrefour, Eroski, Gadisa, Lidl e DIA, e promete subas no leite que repercutan nos produtores.


Alcampo aceptou esta quinta feira subir 2 céntimos o que paga polo litro de leite ás súas fornecedoras para que estas a repercutan nos produtores. Un compromiso que adoptou cos gandeiros, evitando o bloqueo da superficie en Compostela. A marca francesa segue así o camiño que nestes días fixeron Eroski, Lidl, Carrefour, Gadisa e DIA, que aceptaron tomar medidas para que o que pagan polo leite vaia ao peto dos produtores, como se establecía no acordo de setembro, e non fique noutros elos da cadea.

A suba comprometida por Alcampo será con carácter retroactivo, a partir do 1 de decembro. Os gandeiros da Plataforma en defensa do sector lácteo galego decidiron suspender as mobilizacións até o 7 de xaneiro. Naquela, manterán unha xuntanza coa industria para avaliar a situación e cumprimento dos acordos.


En Lugo, Agromuralla optou por manter os tractores na contorna da muralla, mais sen presión sobre a distribución. Os tractores non se moven até que haxa garantía e comprobación de que as promesas feitas ao sector teñan cumprimento.

fonte: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/mobilizacions-gandeiros-arrican-compromiso-cos-prezos-6-grandes-distribuidoras/20151224170145043640.html

RELACIONADAS