A greve indefinida en Viza para reclamar un convenio digno paraliza a produción

CIG, CCOO e UGT convocan os paros A produción na empresa do sector da automoción con sede no Porriño volve estar paralizada.A folga indefinida convocada pola maioría do comité...
CIG, CCOO e UGT convocan os paros

A produción na empresa do sector da automoción con sede no Porriño volve estar paralizada.

A folga indefinida convocada pola maioría do comité de Viza Automoción (CIG, CCOO e UGT), empresa de capital galego con sede no Porriño, para reclamar un convenio colectivo digno continúa tras o fracaso da mediación laboral. Ao igual que onte, primeiro día de paro, a produción segue totalmente paralizada xa que o persoal indefinido secundou a convocatoria de xeito masivo.
A representación dos traballadores/as mantivo unha xuntanza coa dirección da compañía por espazo de tres horas esta mañá na sede da Inspección de Traballo, coincidindo coa segunda xornada de folga.

O encontro rematou sen avances na negociación ante a inmobilidade da empresa, que continúa sen garantir todos os postos de traballo e que tampouco cede en canto ao incremento salarial que os empregados/as pretenden incluír no novo convenio colectivo.

Asamblea nas portas de Viza

Arredor das 13.00 horas as partes decidiron suspender a reunión, co compromiso de retomar as conversas a partir das 16.30 horas. Previamente, os traballadores/as concentrados/as ás portas da sede da compañía no polígono porriñés das Gándaras celebraron unha asemblea para valorar o seguimento da folga e informar sobre o contido das negociacións.

Ao igual que na primeira xornada, o paro continúa a ser maioritario entre o cadro de persoal con contrato fixo, xa que só entraron a traballar algúns empregados/as temporais e parte dos técnicos/as e administrativos.

RELACIONADAS