A folga paraliza a produción de Mercedes e BMW en Alemaña

Do xoves ao venres traballadores de mais de 250 empresas pararon a produción no sector da automoción en Alemaña. Piden a posibilidade de redución de xornada e un aumento do salario do 6%.
Protestas as portas dunha fábrica de BMW en Alemaña

O conflito entre a patronal do metal e as industrias eléctricas e o sindicato IG Metall continúa escalando. As reivindicacións da folga afectan por centos de miles de traballadores alemáns. Segundo o sindicato, polo menos 300.000 participaron nos distintos paros que están a ter lugar estes días. Unha das reclamacións é que sexa posible reducir a xornada laboral. O Instituto da Economía Alemá (Institut der deutschen Wirtschaft) calculou as perdas pola folga en polo menos 62 millóns de euros por cada día que se repita.

O venres, a folga chegou ás fábricas de BMW en Baviera, que ten fábricas nas cidades de Múnic e Dingolfing. En total uns 20.000 traballadores deixaron de producir uns 1.600 coches nun só día. Tamén as fábricas de Airbus en Brema, Hamburgo e en Baixa Sajonia participaron na folga.

Resultado de imagen de ig metall ford

Asemblea de traballadores/as do metal

Segundo o diario Weser-Kurier a empresa pechou as fábricas en aplicación dunha medida de seguridade que permite ás empresas suspender o paro da produción se cre que as medidas de seguridade da mesma non se van a respectar. Nese sentido, os traballadores tampouco recibirán o salario dese día.

As fábricas de Ford en Colonia, así como as de Audi en Ingolstadt e en Münchsmünster tamén han ido á folga. O xoves 1 de febreiro, uns 12.000 traballadores, entre eles da empresa Daimler en Brema participaron nunha folga que comezou na quenda de noite do mércores. O sindicato IG Metall cualificou a folga na fábrica dun “éxito rotundo”. A fábrica é unha das máis importantes de Mercedes en Alemaña. Cada día rodan pola súa cadea de montaxe uns 1.500 automóbiles. En Baden-Wurtemberg parouse así mesmo a produción na fábrica de Porsche.

As negociacións continuarán o luns despois de que o xoves da semana pasada acabasen sen un acordo e coa convocatoria de folga por parte dos sindicatos. A patronal interpuxo unha denuncia ante os tribunais laborais e solicitan unha indemnización polas perdas producidas. Os sindicatos xa avisaron de que o conflito non se resolverá nos tribunais, senón mediante unha negociación que se achegue ás súas demandas. O sindicato IG Metall (Industriegewerkschaft Metall en alemán) é o maior do ramo en Europa, con máis de dous millóns de afiliados.

 

O salto

RELACIONADAS