A CIG desbanca a CCOO e dispútase coa UGT ser a primeira forza sindical en Galiza

Acada un total de 4.259 delegados e delegadas, o 27,6% dos electos Comarca do ferrol e A Coruña – preme na imaxe para ampliar A CIG foi a única...

Acada un total de 4.259 delegados e delegadas, o 27,6% dos electos

Comarca do ferrol e A Coruña – preme na imaxe para ampliar
A CIG foi a única central sindical –das tres máis representantivas- que incrementou a súa representatividade no período dos últimos catro anos (2012-2015). Acada un total de 4.259 delegados e delegadas, o 27,6% dos electos, 280 por riba de CCOO e a 162 da UGT. É ademais primeira forza sindical nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ferrol e nas federacións de Administración, Saúde, Ensino Público e Industria e segunda nas comarcas de A Coruña, Santiago e Ourense.
 Lugo – Ourense
O secretario xeral, Suso Seixo, considera que “estamos diante dun importante éxito e recoñecemento do traballo feito pola nosa central sindical” e valora especialmente que estes resultados se acaden “nunha situación social e laboral moi dura para a clase traballadora galega” por mor dos altos índices de desemprego; coa emigración de miles de galeg@s; a caída dos salarios; o incremento da precariedade e da flexibilidade laboral e o debilitamento en xeral da clase traballadora fronte a patronal, como consecuencia da crise económica e das profundas contrarreformas laborais levadas adiante polos gobernos españois, nos últimos anos.
Pontevedra – Compostela
Para Seixo cómpre recoñecer a “valentía” e o “compromiso” dos miles de traballadores e traballadoras galegas que decidiron presentarse pola CIG “na defensa dos seus intereses como clase”, fronte a outras centrais sindicais que “gozan de simpatías e apoios por parte da patronal”, dixo. Un compromiso que asumiron a pesar de “sufrir, en moitos casos a represión dos/as empresarios/as e mesmo arriscando o seu posto de traballo” denunciou.
Vigo – Nacional
O secretario xeral asegura que “supón unha satisfacción e un orgullo para todas e todos os que acreditamos no proxecto sindical nacionalista e de clase que a CIG representa” e chama a aproveitar esta oportunidade, que se dá por primeira vez no sindicalismo nacionalista, “de poder situármonos como primeira forza, para seguir traballando e fortalecer un proxecto sindical de vital importancia para unha mellor defensa dos nosos intereses de clase e nacionais e a mellora das condicións de vida e de traballo da clase traballadora galega”.

Período concentrado

Aínda que as eleccións sindicais son un proceso dinámico e aberto que posibilita medir a representatividade en cada momento, tradicionalmente téndese a facer coincidir o cómputo coa finalización do período de maior concentración de eleccións sindicais, que coincidiu co ano 2015, no que, de feito, se elixiron o 62% do total de delegados/as electos/as nos últimos catro anos.

RELACIONADAS